Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONTO PARA NON COMER

€10,00
ISBN 9788482888637
Incluído na lista de White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional de Múnic. ¿Que conseguiron os pais e os avós do Antón cando tentaron que bebese a cunca do leite quente?

Antón non quería comer. Pensaba que a cunca do leite era un mar branco cheo de néboa quente que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos lentamente. Antón pediu que lle trouxeran o seu can, que lle fixeran un barco con miga de pan, que lle trouxeran un vento para botar fóra toda a néboa, que lle enviasen un rabaño de ovelliñas…, pero Antón seguía sen ter fame e non quería comer, cada vez tiña máis sono. Ninguén conseguiu que Antón tomase o seu leite, pero si conseguiron outra cousa ben diferente.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego