Animais grandes e pequenos sorpréndense ante algo estraño. Un clásico contemporáneo con magníficas fotografías que asombra e convida á reflexión.
Publicado por vez primeira en 1944 nos Estados Unidos, Todos o viron é o primeiro dos catro libros que a fotógrafa Ylla e a escritora Margaret Wise realizaron conxuntamente. Nas súas magníficas imaxes, lectoras e lectores descubrirán as reaccións de animais grandes e pequenos, feros e mansos, salvaxes e domesticados, ante algo que presenciaron. Mentres uns o fan con asombro, outros non poden evitar saltar aos brazos das súas nais. O texto rebuldeiro de Margaret Wise mantén o suspense ata as últimas páxinas, arrancándonos un sorriso e invitándonos á reflexión.
____
Editorial: Kalandraka 10-2022
Idioma: Galego