Dende Grecia, os gañadores do IX Premio Compostela volven cunha divertida homenaxe ao teatro que xoga cos dobres sentidos. Un álbum con páxinas despregables e atractivo formato.
«Na cola para a Arca» é unha homenaxe ao teatro en clave de humor que, a través dun cómico enredo, xoga cos dobres sentidos e co torrente de sensacións que provoca un malentendido.
Dous ratos atópanse con distintas parellas de animai aos que lles escoitan falar da historia da Arca de Noé: o anuncio do diluvio e a inundación do planeta, a construción da embarcación… os ratiños avanzan entre osos, rinocerontes, pelícanos, bolboretas,
xirafas, crocodilos… cada vez máis confusos, entre a incredulidade e a angustia, sobre todo cando empezan a caer as primeiras pingueiras de auga, ata que acaban descubrindo o contexto real da situación.
Ilustracións: Iris Samartzi
____
Editorial: Kalandraka
Idioma: Galego