Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VIDA E TRABALLO NO MAR DOS GALEGOS

€20,00
ISBN 9788488508638
O autor lévanos desde a ría de Ribadeo ata a desembocadura do río Miño, facendo o percorrido polos cinco sectores en que Ramón Otero Pedraio dividiu a nosa costa. Van aboiando nas augas deste libro diferentes temas desde o macementos das comunidades de pescadores, o papel dos mosteiros, a chegada dos fomentadores, as variadas embarcacións que sucaron os mares e o instrumental pesqueiro que usaron, da conservación do peixe, da pesca en mares afastados...

RANCISCO CALO LOURIDO (Porto do Son, 1948), Licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos, ensinando actualmente no IES " Torrente Ballester " de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC. Recibiu o premio de investigación " Antón Losada Diéguez " (1995 e 2011), o colectivo " Otero Pedrayo " (1979) e varios premios á creación literaria. Patrón do Museo do Pobo Galego, do que foi secretario da Xunta Reitora, correspondente da Real Academia Galega, membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, etc. Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía, traballando en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixindo as escavacións e consolidación do Castro de Baroña. Entre as súas publicacións, con máis de 150 títulos, cómpre salientar: La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son (1978); As artes de pesca (1980); " The Seafaring Fishing Family as an Economic Community in Porto do Son (Spain) " , (Budapest, 1984); Xentes do mar (1996); Edición facsimilar e estudo de Cornide: Memoria sobre la pesca de sardina en las costas de Galicia (1997); Castro de Baroña. Campañas 1980-84 (1986); A Cultura Castrexa (1993); A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa. 2 tomos (1994); La Galice est-elle celtique? (La Bretagne, 1996); " Prehistoria e Idade Antiga " In VV.AA.: Historia de Galicia (1997); Castro de Baroña (1997); Fainas do Mar. Vida e Trabalho no Litoral Norte, (Porto, 1999); El icono guerrero galaico en su ambiente cultural (Deutsches Archäologisches Institut, 2003); O castro: da aldea autárquica á cidade desenvolvida (Penafiel, 2005); Os Camiños de Santiago na Península, do s. XI ao s. XXI (2005), Caras de Pontevedra (Concello de Pontevedra, 2006); O patrimonio marítimo de Galicia, primeira potencia pesqueira europea (2008); Do mar artesanal dos mariñeiros ao mar globalizado dos burócratas (2009) e Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia (Xerais 2010).. No eido da narrativa, destaca o libro de relatos, Salseiros (2001).  

____

Editorial: Museo do Pobo Galego
Idioma: Gallego