O emporio Massó Hermanos.
Salgheirón é a crónica dun arduo conflito urbanístico en Cangas do Morrazo nos primeiros anos deste século e que remite ás orixes do polígono, epicentro do emporio Massó Hermanos, e aínda da familia conserveira que o creou e que o levou ó seu cenit nas décadas centrais do século xx e á quebra na última. É sobre todo un repaso detallado das corruptelas que propiciou o proxecto da súa urbanización no marco da burbulla inmobiliaria e da firme resistencia dos veciños, que atallaron estragos comúns noutras partes.
Primitivo Carbajo, de orixe zamorana, traballou como xornalista en medios da Coruña e Vigo, de guionista en programas da TVG, colaborou en cabeceiras de variada caste e foi corresponsal dalgunhas revistas e xornais alén do Telón de Grelos. De El País, 17 anos, ata 2012. Foi director de Comunicación da Universidade de Vigo (1999-2005), fundador do pioneiro Duvi, o seu diario dixital, e é coautor, con Luis Pita, da biografía non autorizada Paco Vázquez, a pegada dun príncipe (Xerais, 1993).
____
Editorial: MorganteIdioma: Galego