Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TOPONIMIA DE ANTAS DE ULLA

€20,00
ISBN 9788417807368

Toponimia de Antas de Ulla parte do Traballo de Fin de Grao da filóloga Andrea Santiso Arias, dirixido por Ana I. Boullón Agrelo. A autora é membro da Asociación Galega de Onomástica e forma parte do proxecto de investigación do Instituto da Lingua Galega Toponomasticon Hispaniae.

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia para saber cal é a súa motivación e o seu significado, o que nos fará máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas.


___

Editorial: RAG 01-2024
Idioma: Galego