Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SENTADO DIANTE DA FIESTRA

€22,00
ISBN 9788412738285

Sentado diante da fiestra é un libro que recolle 50 artigos publicados no suplemento «Estela», do Faro de Vigo (2020?2024), e un máis dedicado ao Centenario do Real Club Celta de Vigo.
Neste monllo de textos, Antonio García Teijeiro expón boa parte dunha vida a través duns artigos que nacen da reflexión sobre a sociedade e sobre as artes. Para o autor, o mundo dos libros, da lectura, do deporte, da lingua ou da música son fundamentais para comprender a súa obra literaria e o seu compromiso persoal nun mundo complexo e contraditorio. E, ademais, son unha aproximación moi clara ao seu pensamento tanto social coma cultural, en que artistas, músicos, escritores, cancións e literatura están presentes, sempre relacionados coa forma de ver certas realidades máis alá do que temos diante.
Con este libro, tan subxectivo como comprometido, ábrense horizontes claros para que o lectorado se identifique coas palabras e poida percibir sensaciones que o fagan pensar.
Magníficas as pinturas que acompañan aos artigos de Xulio García Rivas, e moi suxestivos o limiar e o epílogo de Manuel Bragado e Xabier Romero respectivamente, porque centran unha obra tan particular como universal

____

LEditorial: Elvira
Idioma:  Galego
Páxinas: 254
ARTIGOS DE PRENSA