Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TRANSPORTE E A MOBILIDADE NA GALIZA

€15,00
ISBN

A mobilidade e o transporte desempeñan un papel fundamental no contexto socioeconómico da Galiza. A importancia destes é cada vez maior, nun escenario no que as distancias percorridas son cada vez maiores. As grandes melloras da rede viaria e a consolidación dun sistema urbano policéntrico son fundamentais para explicar este feito. Porén,a aposta case en exclusiva pola rede viaria constitúe unha importante febleza con importantes externalidades negativas. O transporte público recae sobre todo nos autobuses e en menor medida, no ferrocarril. Malia os avances nas conexións ferroviarias coa Meseta e na actual liña do Eixo Atlántico(A Coruña-Vigo), Galiza continúa sen servizos de proximidade nas súas rexións urbanas.

____

Editorial: Sermos Galiza 11-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 59
COLECCIÓN: A RIQUEZA DA GALIZA 9