Catálogo da exposición do mesmo título que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2014, dentro das actividades que desenvolve a entidade.
Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans e os portugueses António Nunes Ribeiro Sanches e o Marqués de Pombal, constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración na Península Ibérica.
Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo).
Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.
Ordenouse como sacerdote no mosteiro de San Xulián de Samos, e estudou Teoloxía na Universidade de Salamanca. Foi profesor durante oito anos no mosteiro de San Salvador de Lérez, catro anos como pasante e catro como titular.[2] Acadou mediante oposición unha cátedra na Universidade de Oviedo. En Oviedo residiu dende 1709, no colexio bieito de San Vicente.
Feijoo está considerado o primeiro ensaísta da literatura en lingua castelá, e un dos pioneiros xunto a Gregorio Mayans da considerada Primeira Ilustración Española, desde 1737 até pouco despois da morte de Fernando VI. Amais, está considerado precursor das ideas de frei Martín Sarmiento.
A súa obra espertou curiosidade, pois foi traducida ao francés, inglés, italiano e alemán.
Ademais de ser un precursor das ideas de frei Martín Sarmiento en canto ás ideas ilustradas sobre a Ciencia e a Ilustración, é tamén, no referido ás cuestións filolóxicas, e un dos precursores do Rexurdimento pola súa defensa da dignidade da lingua galega. Consideraba o galego e o portugués linguas de seu, non dialectos do castelán, con orixe no latín, e constituíndo unha unidade lingüística
_____
Editorial: XUNTA 08-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 226