Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ESTADO DA NACIÓN

€24,95
ISBN 9788489896963

Baixo o título O Estado da Nación recóllense neste libro unha serie de documentos que son un fiel espello no que se reflicte, sen dúbida, a realidade política, económica e social da Galiza dos nosos días, concretamente do período que abrangue entre os anos 1989 e 2001, interpretando este como resultado da incapacidade dos sucesivos gobernos dos últimos doce anos, perante as diferentes problemáticas nacionais: o agro, a pesca, o escaso apoio ao proceso industrial, os interminábeis proxectos das vías de comunicación, a problemática do ensino, idioma, etc. Problemas estes que son abordados, analizados e interpretados dun xeito lúcido, brillante e orixinal polo catedrático da Universidade de Compostela Xosé Manuel Beiras Torrado.

Mais todo o que se expón ao longo destas páxinas non fica nunha mera declaración obxectiva, senón que se ofrecen alternativas que –en palabras do autor– se plasman nun conxunto vertebrado e congruente de criterios e compromisos explícitos e viábeis de acción de goberno, onde cada un diles responde ás necesidades prioritarias e aos intereses vitais de cada grupo social e de cada sector económico integrantes da poliforme e ricaz realidade que é Galiza.

Prólogo: Xusto Beramendi.

____

Editorial: Positivas 2001
Idioma: Galego
Páxinas: 362
Catálogo xeral: 73
Ensaio