Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936), é unha figura clave na Galiza contemporánea, tanto pola súa faceta de economista, como catedrático de Estrutura Económica na USC, como pola de político e referente social.
É autor de ensaios fundamentais do pensamento económico galego, como Por unha Galiza liberada e O atraso económico da Galiza. Últimamente traduciu Catro cartas a un amigo alemán e outros textos e A desfeita, de Albert Camus. Excelente articulista e orador, é recoñecido como un dos intelectuais con maior lucidez á hora de interpretar o noso mundo.
Destacou como activista e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial.
No eido político foi cofundador do PSG e do BNG. Posteriormente liderou o Encontro Irmandiño e estivo á fronte do agromar de Anova–Irmandade Nacionalista en xullo de 2012. Nese mesmo ano Anova promoveu a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da que Beiras foi portavoz parlamentario.
___
Editorial: Laiovento 10-2020Idioma: Galego