Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NAILIA

€21,70
ISBN 9788411765053

(PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)

Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.
Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos atrancos da vida, conserva a ledicia e a bondade, a ansia por aprender e superarse, sempre coa lembranza dun idealizado amor de xuventude que a axuda a elevarse por riba da súa propia realidade.
O xurado do Premio Torrente Ballester destacou a boa narración e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e estrutura, pero moi actual no xeito de abordar o relato. Tamén salientou a representación de mulleres diversas, as imaxes poéticas e o manexo dos diálogos.

____

Editorial: Galaxia 10-2003
Idioma: Galego
Páxinas: 188
NARRATIVA
LITERARIA