Premiados no Iº e IIº Certame [2019-2020] Día do Libro do Concello de Vilalba.
O presente volume reúne os textos gañadores da Iª e IIª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2019 e 2020. Son en total dezaoito composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas.
Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas dezaoito pequenas grandes historias.
Gañadoras Iº Certame [2019]:
Infantil: Nerea Villar Ferreiro, África Montenegro Leal, María Otero Díaz
Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Sandra Rodríguez Macía, Nee Barros Fernández
Persoas adultas: Patricia Torrado Queiruga, Raquel Fernández Fernández, Beatriz Dourado
Gañadoras IIº Certame [2020]
Infantil: África Montenegro Leal, Aroa Fernández Jiménez, Paula Pérez Cendán
Xuvenil: Mariña Maceiras Segovia, Nee Barros Fernández, Carlota Millor Prado
Persoas adultas: Pedro Naveira Pedreira, Patricia Torrado Queiruga, Cristina Arias López
Idioma: Gallego
____
Editorial: AlvarellosIdioma: Gallego