Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ILLA DE SANGUE

€19,00
ISBN 9788411765268

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unían a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou á hora da cea. Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucía, María e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes saír sendo a mesma.

V. Valiña, Carmen

(Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos (www.perifericas.es). Combina a investigación sobre a memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX cunha vertente como escritora de ficción onde as lembranzas, o mundo rural e a autobiografía teñen un peso notable. Escribiu e publicou sobre xornalistas españolas en Oriente Medio e sobre as emigrantes da Terra de Soneira en Suíza, pero dende 2021 as mulleres internas no manicomio de Conxo son as protagonistas absolutas da súa obra.

En 2024 participou na Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento e na Residencia Literaria da Illa de San Simón, que lle serviron para rematar este libro que agora tes entre mans.

____

Editorial: Galaxia 11-2005
Idioma: Galego
Páxinas: 176
NARRATIVA
LITERARIA