Estudos sobre a época celta en galiza (Ferrol 1867). texto fundamental e imprescindible na historiografía galega, foi a primeira publicación monográfica sobre a civilización celta de Galiza.
Estamos perante unha obra sobranceira, unha moi erudita achega ao noso celtismo, cun grande dominio das fontes clásicas e dos historiadores contemporáneos do resto da Celtia (cunha especial atención ás Bretañas) nunha obra cun discurso celtista perfectamente integrado no contexto histórico do momento e enxerido nas correntes de pensamento da época, engadindolle, ao mesmo tempo, as xa vizosas achegas dunha aínda nacente mais prometedora arqueoloxía.

____