Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EL CASTILLO DE SOUTOMAIOR. UN LUGAR LLENO DE HISTORIAS

€20,00
ISBN 9788416460847
Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego,  castelán e inglés). A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior. Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, e rexurdir novamente a finais do século XIX. MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E PLANOS Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano