Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DIABOLUS IN MUSICA. CONVERSAS CON ROGELIO GROBA

€24,95
ISBN 9788498654059
A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD.

Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou un froito innegable, a súa versatilidade compositiva levouno a crear un catálogo que sobrepasa os seiscentos títulos. Óperas, sinfonías, un réquiem, cantatas, oratorios… Diabolus in musica é un libro de conversas que repasa a súa vida, os seus afáns como músico, a súa visión do mundo e da cultura. A función social da música, a educación musical e a relación do compositor coa súa Terra.

Fernández, Manrique

Sistallo, Cospeito, 1965) é xornalista e durante moito tempo foi xerente da Fundación Rogelio Groba. Da colaboración co compositor naceron a súa biografía oficial (Meditacións en branco e negro), un libro de conversas (Diabolus in musica), así como varias colaboracións como letrista de tres óperas (FloralbaPedro Madruga. O noso Rei, e unha adaptación do conto de Perrault O gato con botas), unha cantata (Corpus en Ponteareas) e un réquiem (Samaín. Réquiem galego), entre outras obras. Amais é autor de Ponteareas máxica, recompilación de lendas tradicionais desta vila relatadas en verso, o libro de relatos Crónicas de Embora e a novela Tres feridas.

Rogelio Groba Groba

 (Guláns, Ponteareas, 1930-2023). Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasladouse a Suíza, onde residiu sete anos. De volta en España foi nomeado director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña, cargo que exerceu durante vinte e tres años. Foi fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal. Tamén foi director e profesor do conservatorio coruñés durante vinte anos.

Dende 1990 dedicouse só á creatividade musical, campo en que foi recoñecido co Premio Internacional Dante Luini (1973), Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Premio Internacional Auditorio de Galicia (2004), e co nomeamento de Fillo Predilecto de Ponteareas. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu o Premio da Cultura Galega 2011 na categoría de Música.

Dende 2002 presidía a Fundación Rogelio Groba. Como compositor supera os 560 títulos no seu catálogo, no que podemos atopar obras de todos os xéneros e estilos, dende óperas a sinfonías, concertos, cantatas, suites, un réquiem, abundante música sinfónica, de cámara, pianística, coral, para banda, e un longo etcétera.

____

Editorial: Galaxia 11-2011
Idioma: Galego
Páxinas: 184
Col: MEMORIA
MÚSICA