Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO

€24,95
ISBN 9788484785253
Faltaba un estudo completo, sistemático e rigoroso desta cuestión. Afortunadamente, Alberte Turnes aceptou o reto de realizalo. Despois duns anos intensos de investigación académica para a súa tese de doutoramento ofreceunos unha detallada aproximación a este complexo problema, con rigor e cunha perspectiva galega. O estudo, que agora podemos ver publicado, resulta de moito interese tanto pola súa reflexión teórica coma, sobre todo, polo rigor do traballo empírico realizado. Neste estudo realízase unha explotación orixinal dos datos oficiais –ben pouco transparentes, difíciles de obter por certo e contraditorios entre as diferentes fontes oficiais. Avánzase nunha distinción, que eu considero crucial, entre o que podemos chamar unha Balanza Fiscal Básica e unha Balanza Fiscal Ampliada. Os resultados contradín os diferentes estudos previos realizados por encargo do goberno central pero tamén os realizados por encargo doutros gobernos como o catalán ou o valenciano. Pero máis alá diso aborda un tema inédito de grande importancia: os efectos indirectos e os retornos para a economía madrileña do gasto público licitado pola Administración Central para investimentos en infraestruturas en Galiza. O resultado é realmente sorprendente e invita a unha seria reconsideración do discurso oficial nesta materia. Merece a pena ler este libro até o final con atención, lapis e papel.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego