Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CORRESPONDENCIA [1928-1958] CARTAS INÉDITAS E DISPERSAS

€24,00
ISBN WP3638
Este volume, reúne 179 cartas do pintor –a maior parte delas, inéditas–: dende 1928 ata a derradeira, dous meses antes de falecer. A correspondencia, atravesada primeiro polo silencio da guerra e despois pola longa represión, foi reunida e transcrita pola catedrática de Historia María Esther Rodríguez Losada.

O indiscutible renovador da arte galega da primeira metade do século XX, Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958) mantivo, durante toda a súa vida, unha rica e continuada relación epistolar con gran parte da intelectualidade galega do seu tempo: a do exilio e tamén a do chamado “exilio interior” (tal era o seu caso). Este volume, o número 20 da Colección Rescate de Alvarellos Editora, reúne 179 cartas do pintor –a maior parte delas, inéditas–: dende 1928 ata a derradeira, dous meses antes de falecer. A correspondencia, atravesada primeiro polo silencio da guerra e despois pola longa represión, foi reunida e transcrita pola catedrática de Historia María Esther Rodríguez Losada, nunha edición ao coidado do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela e que publica Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago. Estas páxinas contan, de seu, a historia íntima dun tempo e dun país. Cartas a Luís Seoane, a Castelao, a Federico García Lorca, a Bal y Gay, a Otero Pedrayo, a Isaac Díaz Pardo, a Cunqueiro, a Paz Andrade, a Fernández del Riego, a Laxeiro... Recóllese a correspondencia de ida, e moitas veces tamén a de volta, entre a que destaca o fecundo e prolongado intercambio epistolar con Luís Seoane. O volume complétase coa incorporación de fotografías e manuscritos nunca vistos ata hoxe.

____