Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARLOS CASARES, O AMIGO DAS PALABRAS

por VV. AA
€13,40
ISBN 9788498654714

Pasadas duas décadas da morte de Carlos Casares, xúntanse neste libro as voces dos amigos do escritor.

Trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, o coñeceron persoalmente. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores universitarios, políticos, editores, libreiros... Todos eles van debullando un retrato do autor de ILUSTRÍSIMA: as calidades da súa escrita, o seu traballo de editor, as facetas da súa personalidade. Un libro de homenaxe que inclúe unha biografía rigorosa e sucinta, a cronoloxía da súa obra e un álbum fotográfico no que se reflicten momentos sinalados da súa vida.

____

Editorial: Galaxia 03-2013
Idioma: Galego
Páxinas: 112