Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BÓVEDA. A MEMORIA NO LUGAR

€19,50
ISBN 9788409651856

Este libro é un lugar. Dito lugar garda unha memoria.

Este libro é unha obra que celebra a riqueza da cultura galega mediante un proxecto etnográfico, fotográfico e musical levado a cabo por Óscar Górriz durante a súa residencia artística na Casa da Memoria en Bóveda (Lugo).
A través de entrevistas, fotografías analóxicas e gravacións de audio, o autor mergúllase nas lembrandas dos maiores das aldeas do concello de Bóveda, recollendo relatos de vida, costumes, mitos e lendas. A partir deste material ten lugar a creación musical, producindo cántigas novas de estilo tradicional, co fin de realizar unha achega á musíca popular, desde unha rexión onde os cantares de transmisión oral esmoreceran antes da chegada das novas xeracións de recolledores de finais do século XX.

O presente tratado subliña a relevancia de conservar vivas as nosas tradicións orais na era da Intelixencia Artificial, garantindo que o noso relato histórico colectivo permaneza accesible tanto en formato online como impreso.
Este proxecto é unha homenaxe ao patrimonio de Bóveda e de Galicia, un testemuño valioso que busca transmitir estas historias e saberes ás futuras xeracións, preservando así a esencia da nosa herdanza.
A publicación contén acceso mediante códigos QR a sons ambiente, conversas gravadas e músicas creadas polo autor, co fin de enriquecer e complementar a experiencia de lectura.

ÍNDICE
Razóns para a memoria
Cántigas novas para os vellos tempos
Fronte vital
Ugia Pedreira
A memoria na lente
José Caruncho
A casa do Cesteiro, Xullán
A festividade de San Pedro en Xullán
«No se cede la pareja»
O mercado de Rubián
Labores e amores en Guntín
Xiré
O barbeiro de Bóveda
Memorias da música popular en Remesar
O muíño de Ribas
A ferrería de Penacova
Mitos e lendas asociadas á capela e os regatos
de Santiago e San Lourenzo
Cántigas novas para Bóveda
A Casa da Memoria
Prezada xente de Bóveda
O que levo

Fotografías: 44 fotografías en B/N
Contenido extra: marcapáxinas exclusivo e 1 fotografía de 240 x 195 mm

____

Editorial: Libros Canela 11-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 52
Col: IMAXES DUN PAÍS
FOTOGRAFÍA