Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BARTHES FILÓSOFO

€14,40
ISBN WP3380
Luís G. Soto estuda ese mesmo percorrido seguindo, en orde cronolóxica, todos os seus títulos, cuxos contidos son expostos, analizados e interpretados. XIV PREMIO RAMON PIÑEIRO 2014

Dentro da complexidade da súa obra, o propio Roland Barthes discerniu catro "fases": mitoloxía social, semioloxía, textualidade e moralidade. Neste libro, Luís G. Soto estuda ese mesmo percorrido seguindo, en orde cronolóxica, todos os seus títulos, cuxos contidos son expostos, analizados e interpretados. Cunha achega inicial á vida do autor e ao contexto da súa obra, no ensaio saliéntase que neses catro dominios (a crítica, a ciencia, a estética, a ética) Barhes non está instalado na verdade, senón que a busca: ao modo dos filósofos clásicos, non a posúe, senón que a quere. Como aqueles, máis que ser sabio (ter o saber), é amante da sabedoría (perséguea, preténdea): filosofa, é filósofo. O obxectivo de Barthes filósofo é recoller esa variedade, dar razón dela sen a sacrificar, colocándoa baixo o prisma da filosofía. É a mesma obra de Roland Barthes a que dá para proceder así.

____