Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A BARCA DE CARONTE: A TRAVESÍA VITAL DE ISAAC DÍAZ PARDO

por VV. AA.
€25,00
ISBN

O título da mostra xorde das dúas grandes obras que Isaac realizou en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai dende as artes plásticas ao deseño industrial.

O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. 
A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.
Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai desde as artes plásticas ao deseño industrial.
O catálogo articúlase en cinco seccións e con elas preténdese amosar esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos.
O catálogo inclúe textos de María Victoria Carballo-Calero Ramos, Juan Manuel Bonet Planes, Xosé Luis Axeitos, Ruy Farías Iglesias, Inmaculada Real López, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Río Vázquez.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA 2025
Idioma: Galego/ Inglés
Páxinas: 232
ILUSTRACIÓNS A COR
TAPA DURA
ISAAC DÍAZ PARDO
ARTE
PINTURA
ESCULTURA
HISTORIA
CIVILIZACIÓNS