Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi o dirixente máis representativo da gran revolta Irmandiña que sacudiu Galiza entre 1467 e 1469, o único capitán xeneral, que saibamos, que non procedía do estamento nobiliario, como sucedeu no caso de Alonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio, os outros tres grandes nomes da revolta.
Branco é citado polos documentos da época como deputado, representante ante o rei, capitán xeneral e, fundamentalmente, home honesto e cabal, amigo dos pobres e preocupado polos abusos dos señores. Aparece na memoria colectiva derrubando fortalezas, ordenando o axustizamento de malfeitores e acudindo ante o rei Henrique IV en representación dos irmandiños. Foi quen de agrupar labregos, burgueses, artesáns, mercadores e cregos na defensa da paz e o bo goberno. A súa morte, tras a derrota da Irmandade, está rodeada de misterio. As fontes afirman que «o mataron», aínda que sen especificar quen nin en que circunstancias. A súa memoria perdurou no imaxinario popular como exemplo de home xusto e defensor dos humildes.
Fran Zabaleta é licenciado en Xeografía e Historia pola universidade de Santiago de Compostela. Escritor, editor e guionista de documentais, traballou máis de quince años como editor de textos con editoriais como Anaya, Santillana ou Grazalema. Na súa faceta de guionista, é autor de documentais para institucións, empresas e televisión, como O camiño portugués; A Coca, a besta e a festa; Arturo Noguerol; Homes de lei; Fermín Bouza Brey; Albeos, a terra soñeira; A memoria do lume, etcétera. É adaptador de clásicos da literatura universal para mozos, con obras como Ivanhoe (Alfaguara, 1996), Moby Dick (Alfaguara, 1996), La llamada de la Naturaleza (Alfaguara, 1997), La Celestina (Ediciones SM, 2008), Fábulas de La Fontaine (Ediciones SM, 2009). Tamén é autor de obras de referencia, entre outras Literatura para vagos (Espasa, 2009) ou 99 libros para ser más culto (Martínez Roca, 2011), e de novela histórica, con títulos como La cruz de ceniza (Suma de Letras, 2005) e Medievalario (Redelibros, 2011).
____
Idioma: CastellanoManuel Alberro
Francisco Zabaleta
Editorial: Trea 2012