Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TESTEMUÑAS E PERSPECTIVAS EN HOMENAXE AO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS: ESTUDO INTRODUTORIO E EDICIÓN FACSIMILAR

por VV. AA.
€17,35
ISBN 9788445354612

 

En 1978, Ediciós do Castro publicou o número 5 de "Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia" no que recollía a visión e recordos de persoas que tiveron relación, directa e indirecta, co Seminario de Estudos Galegos. Así, Fernández del Riego, Antonio Fraguas, Carballo Calero, Filgueira Valverde e outros persoeiros da cultura galega puideron ver, daquela, recollidas as súas reflexións sobre o SEG e o seu papel dende unha perspectiva científica e cultural de Galicia.
O Centro Ramón Piñeiro, a través da súa colección "Olladas no Pasado", quere darlle a importancia debida a este caderno cunha edición facsimilar, acompañada dun estudo introdutorio de Alfonso Mato, no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.

 

 ____

Editorial: XUNTA 11-2023

Idioma: Galego/Castellano