Elaborado durante anos polo Clube Espeleolóxico Maúxo, nesta obra compílanse máis de 1200 referencias documentais (textos e imaxes) de interese galego datadas antes do ano 1970. O volume, que conta con 544 páxinas a toda cor, trata sobre medio milleiro de cavidades naturais e artificiais, subterráneos de todo tipo (covas cársticas, pseudocársticas, paracársticas, túneles, minas, pozos, corredores míticos etc) achegando información de proveito para calquera persoa interesada na natureza, xeoloxía, xeografía, arqueoloxía, historia, etnografía, literatura e, por suposto, para quen desexe profundizar nos diversos precedentes da actual espeleoloxía galega. A obra conta coa brillante coautoría da poeta e profesora Alba Cid e a excelencia editorial de Ramom Pinheiro Almuinha (aCentral Folque).
Idioma: Galego
____
Editorial: ACENTRAL FOLQUE 12-2022Idioma: Galego