Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SAN CIPRIANO O MAGO: DE ORACIÓNS, CIPRIANILLOS E TESOUROS

por Xunta
€15,00
ISBN

«San Cipriano» de Antioquía como santo mago convertido ao cristianismo ofrécenos unha faciana ambivalente, por unha banda relixiosa de protector contra os feitizos e mal de ollo coa súa «oración de San Cipriano», e por outra como sabio patrón das artes máxicas ao que se lle atribúen obras máxicas en toda Europa, destacadamente o «Libro de San Cipriano» ou ciprianillo no noroeste peninsular. Xoga tamén un importante papel nas tradicións de desencantamento de tesouros, xa que o seu libro máxico conxugouse coas listas de tesouros que circulaban dende tempo atrás; e finalmente a difusión da súa figura por gran parte do mundo por mor das migracións.

Catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia con motivo da exposición feita durante o año 2021, sobre a figura de San Cipriano de Antioquía o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.
A exposición San Cipriano o mago. De oracións, ciprianillos e tesouros chega ao Museo Etnolóxico. Esta mostra supón unha achega á figura de San Cipriano de Antioquía o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.
A selección de pezas de diferente natureza busca mostrar a súa ambivalencia na realidade e no imaxinario popular, pola súa fama de Santo vinculado con prácticas relixiosas en toda Europa, África e parte de oriente desde antigo, mediante a Oración de San Cipriano, eficaz contra feitizos e o mal de ollo; e por outra banda con prácticas máxicas relacionadas co libro de maxia coñecido como Libro de San Cipriano ou ciprianillo na península ibérica, vinculado en Galicia e Portugal á procura de tesouros ocultos, contextualizando esta obra no mundo dos libros de maxia e prácticas máxicas europeas.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA
Idioma: Galego