Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

REPRESIÓN, SOLIDARIDADE E RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA

Esgotado
€12,50
ISBN WP4236
Libro+DVD. Homenaxe aos mártires de Furriolo. Esta publicación recolle o conxunto das intervencións desenvolvidas en agosto de 2006,pola asociación Arraianos nunha homenaxe aos mártires do Furriolo (monte ubicado no concello da Bola, preto de Celanova)

Libro+DVD que contén as intervencións das I Xornadas sobre represión e resistencia antifranquista na Raia (Ourense) celebradas en agosto de 2006, unha videocreación e un documental. En agosto de 2006, a asociación Arraianos organizou unha homenaxe aos mártires do Furriolo (monte ubicado no Concello da Bola, preto de Celanova) e as primeiras xornadas sobre represión, solidariedade e resistencia antifranquista no territorio galego-portugués coñecido como A Raia. Esta publicación colectiva recolle o conxunto das intervencións desenvolvidas nesa data, un volume que fora publicado hai un ano pola Asociación Arraianos nunha pequena edición. Agora aparece, en novo formato, comercializado por Alvarellos Editora e inclúe un DVD con unha videocreación máis un documental. Na obra, dirixida por Aser Álvarez, participan, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Manuel Vilanova, Anxo Angueira, Alberto Pérez Viso, Baldo Ramos. Conde Corbal ilustra o interior e a cuberta é obra de Xosé Vizoso (mais Xan Torres), baseada no Mural do Furriolo. O DVD contén a videocreación Noutrora de Xudit Casas, en homenaxe aos asasinados no Furriolo; o documental Elixio Rodríguez, o aviador arraiano de Alfonso Vázquez, sobre a homenaxe promovida pola asociación Arraianos, e un dosier con información visual das actividades de Arraianos relacionadas coa recuperación da memoria.

____