A falta dunha estratexia unificada por parte do galeguismo no seu enfrontamento á ditadura franquista afondou máis a fenda aberta entre dúas concepcións en plena loita contra Franco
Co tempo, as distancias entre o galeguismo de preguerra e os autonomeados "mozos intransixentes do 36", os desacordos entre o interior (Galici a) e o exilio e a ruptura entre Castelao e Piñeiro, faríanse insalvábeis. Toda unha batalla aberta entre aqueles que quixeran dar por finiquitado o compromiso ético e político de Castelao como Presidente do Consello de Galiza e os que insistían no seu liderado. Planos distintos e estratexias diferentes para unha mesma forza política que, desde tal momento histórico, abriría, xa definitivamente, proxectos políticos distanciados.

____