Presentamos ao un valioso documento. A publicación facsimilar dunha revista , Peña Trevinca . Montañeros de Galicia , da que só se conserva hoxe unha colección completa : nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras entre 1944 e 1950. Unha iniciativa pioneira no eido do montañismo e da natureza que agora rescatamos íntegra .
Foi o historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez - fillo dun dos fundadores e artífices deste proxecto , Gonzalo Gurriarán - quen conservou esta colección , o que nos permitiu preparar a presente edición fascimilar , n que respectamos o formato e as cores da revista orixinal.
Este rescate editorial conta , ademais , coa imprescindible colaboración de tres xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela : os doutores e docentes Valeriá Paül e Juan M.Trillo , e o investigador Luis Martín Agrelo , traballos precedidos polo texto do propio Ricardo Gurriarán .Con todos eles
poderemos contextualizar , valorar e entender , en definitiva , as dimensións daquela fezaña .
Esta revista , consagrada a pór en valor o micizo de Pena Trevinca - que é , cos seus varios <>-, todo un símbolo no noso país, representou o nacemento do montañismo organizado en Galicia e foi un dos soportes asociativos pioneiros en toda a península ibérica. Ademais , nestas páxinas , o avogado e poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, protagonista das Letras Galegas de 2022, vería publicado en 1948 (desde o seu exilio en México) o seu primeiro poema na súa terra ntal desde o golpe de 1936 .
Subamos pois , agora de novo , e dun xeito ben especial , ao macizo de Pena Trevinca , o cumio de Galicia .
_____
Editorial: Alvarellos 2021
Idioma: Castellano