Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O SIÑOR AFRANIO

Esgotado
€10,00
ISBN WP3306
Nado en Camporrapado (CortegadaSilleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires en novembro de 1980[1], foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu oConsello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa.

O siñor Afranio. Para poder responder ás preguntas e non ser descuberto comezou a argallar unha historia. Fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de Amaral, nome dun naturalista brasileiro. Co nome elixido inventou todo o demais: nacera preto de Lisboa, e aos cinco anos, xunto co seu pai tamén chamado Afranio, foi percorrendo Portugal pedindo esmola. Despois pasaron a Galiza e despois de traballar nun lado e noutro o seu pai morreu cando el tiña sete anos. Dedicouse a traballar xunto cun telleiro da Guarda, até que nunha casa de Quiroga na que fixera un apaño o colleron de criado. Alí permaneceu até que o colleu a peste de 1918, tras o que decidiu botarse ó camiño a pedir esmola de novo. O seu pouco oficio de pobre e a súa xentileza provocou que a xente lle chamase "Siñor Afranio". Dende o día 18 ao 29 de setembro estivo en Albarellos (Boborás). Despois de partir, tras pasar por varios sitios, foi acollido nunha casa en Sorribas (Forcarei). Alí mostráronlle interese por teren un patrón para gardar o gando e realizar diversos traballos máis. "Afranio", tras insistir en que lle deran o posto, foi aceptado traballando dous días de proba (1 e 2 de outubro). Alí pasou nove meses como criado da casa. De seguida pasou a traballar nunha casa en Moreiras (Boborás), onde pasou un ano. Tras dous intentos frustrados, logra pasar a Portugal, onde tratou cun pastor para que lle fixera as xestións para o seu traslado ao Porto. Como a policía estaba outra vez sobre os seus pasos, un home que xa tiña axudado a pasar outros galegos e españois comprometeuse a axudalo, xa que o pastor levaríao a caer nas mans dos axentes de Oliveira Salazar. Agóchase nunha cova da serra da Peneda, onde pasou un mes. Despois disto chegou definitivamente ao Porto, onde pasou varios meses, e despois foi a Lisboa. Embarcou para Casablanca e de alí para Buenos Aires no Lipari. En Buenos Aires foi recibido como un símbolo do triunfo da resistencia. Exilio. Unha vez en América Alonso Ríos participa do galeguismo do exilio. En 1944 os únicos deputados galeguistas refuxiados en América (é dicir, Alonso Ríos, CastelaoElpidio Villaverde e Suárez Picallo) fundan en MontevideoConsello de Galiza, cuxa presidencia ocupa Castelao e, tras a súa morte en 1950, o propio Alonso Ríos. Coa chegada da democracia, en Galicia non se procede como en Cataluña e Euskadi (onde os seus representantes no exilio voltan á súa terra como lexítimos presidentes). Durante os últimos anos da súa vida, Alonso Ríos continuou participando activamente en todas as actividades patrióticas da colectividade, até a súa morte en 1980.  

____