Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988)

€14,00
ISBN WP4701
Ramón Nicolás  publica unha recompilación de artigos en galego.

Estamos no ano do centenario do nacemento do escritor Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-O Grove, 1990). En xeral, é lembrado polas súas páxinas de narrador e de poeta, nomeadamente desde que se interesou a fondo polo seu labor Ramón Nicolás, a quen debemos traballos e edicións que os lueirófilos agradecerán sempre. Agora o profesor Ramón Nicolás acaba de publicar en Laiovento unha recompilación de artigos en galego que titulou Novas crónicas dunha transición intransixente (1977-1988), título inspirado no volume do propio Lueiro de 1985 Crónicas de una transición intransigente(Ediciós do Castro). A presente compilación contén un breve limiar meu que titulei «O ?intransixente? Manuel Lueiro Rey», onde o vocábulo «intransixente», moi lonxe de ser un reproche ou unha admonición, é unha caracterización do «cronista», quen, desde os seus postulados democráticos, estaba condenado a non transixir con certas realidades políticas posteriores á morte de Franco, impostas non polos vellos antifranquistas, senón polos que viñan do franquismo e fuxían, coma do lume, de termos como República, laicismo, políticas efectivas cara á igualdade? As «crónicas» que publicou Lueiro n?A Nosa Terra e nalgún outro periódico entre 1977 e 1988 leranas con especial deleite, hoxe, as xeracións novas que veñen do 15 M ou que, dalgún xeito, están nesa onda.

____