En xaneiro de 1943, duascentas corenta mulleres, a maioría delas comprometidas coa Resistencia, foron transportadas nun vagón de gando dende Francia ao campo de concentración de Auschwitz.
Só regresaron corenta e nove, unha delas Charlotte Delbo.
Pouco despois da súa liberación en abril de 1945, reconstruíu o seu recordo a partir de instantáneas daqueles días. O seu relato plasma, dunha forma poética, a voz daquelas mulleres desposuídas de identidade que souberon sosterse as unhas ás outras. Delbo gardou este testemuño durante vinte anos antes de decidirse a publicalo.
Idioma: Galego

____
Editorial: Rinoceronte 2022Idioma: Galego