Doce estampas en estilo epistolar do tempo que lle tocou vivir a Marino Dónega, dende a infancia luguesa á mocidade na Coruña, dende os días da Guerra Civil ás xornadas de activismo cultural da década dos 60.
Con humor, coa comprensión dos anos e a sabedoría da distancia, coa xenerosidade que o caracterizou sempre, o autor viaxa polos acontecementos sen repetirse, advertindo ao lector doutras fontes que, chegado o caso, pode consultar. Párase tamén nas cousas miúdas, ás veces incluso nas máis persoais (a primeira experiencia amorosa, os métodos pedagóxicos da escola da preguerra, a morte do avó…), o que lle dá a estas páxinas unha calor humana e unha tenrura singulares.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego