Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A HISTORIA DE ODOYNO

€16,00
ISBN WP676
A primeira novela galega


Odoyno Veremudiz foi un monxe galego do século X. Pouco antes de morrer, no ano 982, redactou un documento, a modo de testamento, o destino que quería dar á súa propiedade máis querida, a igrexa e terrar de Santa Comba de Bande, que herdara de seu pai Veremundo, Pero antes de rematar o documento que doaba  Santa Comba ao mosteiro de Celanova, odoyno quixo explicar con certo detalle o que supuxera para el o mantemento de dita propiedade en vida e, de paso, o seu propio periplo vital, O relato inclúe o contacto cos mais importantes personaxes da sua época, como o rei de león Ranemiro II, o bispo Rudesindo (San Rosendo), a abadesa fundadora de Guimaraes, Mumadomna Didaz, e o "conde santo" de Lourenzá, Osorio Guttierriz. Tamén narra Odoyno a sua aventura amorosa cunha xoven abadesa, onneca, probable filla de Mumadomna. Todos estes pormenores dotan a este documento galego dunha importancia única, que este libro trata de ofrecer aos lectores xunto cun amplo comentario sobre as circunstancias políticas, económicas e culturais dunha época esquecida na que a fronteira sur de Galicia limitaba co río Mondego.

____