Guía ilustrada para recoñecer ós santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra.
Este traballo pretende facer unha pequena viaxe polos templos da nosa provincia e polos seus nominais patróns, coa intención de poder entender mellor o que eran e/o representaban para as xentes daquelas xeracións anteriores á nosa, e que, a pesar de que hoxe en día perdesen gran parte do seu valor devocional orixinal, seguen conformando unha parte imprescindible do legado histórico-artístico que chegou ata hoxe en día; xa que, sen ningunha dúbida, os templos da nosa provincia, no seu conxunto, conforman o espazo museístico aberto máis amplo que posuímos, a pesar de que, lamentablemente, siga sendo un auténtico descoñecido para moitos cidadáns.
____
Editorial: Instituto de Estudios Vigueses 04-2023Idioma: Galego