HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA. PREHISTORIA. HISTORIA ANTIGA
por Librería Abrente
€15,00
ISBN WP599
O estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e antiga está marcado por un curioso paradoxo: por unha parte temos un escaso rexistro arqueolóxico que apenas permite vislumbrar as vidas das persoas, e por outra as mulleres da Galicia prerromana aparecen nun lugar moi destacado nas fontes clásicas, nas que representan o antigo estado matriarcal das civilizacións.
Combinando o manexo das fontes arqueolóxicas, epigráficas e literarias, a autora traza un percorrido histórico desde os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a análise do movemento priscilianista, no que algúns autores lle outorgan cada vez máis ás mulleres un protagonismo moi destacado.

____