Manuscrito galego do século XVIII.
En 2009 descubriuse un manuscrito dunha obra de grande extensión, copiada e glosada por Pedro Otero Romero Torres entre 1713 e 1735, que é unha versión da Crónica de Santa María de Iria, pero diferente á copiada por Rui Vasques, o que confirma a idea da circulación doutros códices irienses a finais da Idade Media.
Trátase dunha Historia de Iria máis extensa no tratamento das diversas etapas históricas que a Coronica de Santa María de Iria de Rui Vasques, do século XV. A narración do manuscrito atopado acada un período da historia de Galicia que vai da chegada do corpo do Apóstolo Santiago a Iria ao reinado de Xoán II e o arcebispado de Don Xoán de Cerezuela, en Compostela, cun apéndice en castelán que continúa a narración dos feitos ata a época de Felipe V.
Edición e introdución de Bieito Arias e Camino Noia
____
Editorial: Universidade de Vigo
Idioma: Galego