ENRIQUE PEINADOR LINES. BURGUÉS, EMPRESARIO, GALEGUISTA, MECENAS E FILÁNTROPO
Enrique Peinador empresario comprometido con Galicia.
Burgués, empresario, galeguista, mecenas e filántropo.
Pertenceu Enrique Peinador a aquel grupo de empresarios galegos que, sen abdicar do seu ambicioso proxecto persoal e dos lexítimos beneficios materiais derivados da súa actividade económica e empresarial, asumiu paralelamente un compromiso cuxo ideario se baseou nunha sorte específica de responsabilidade social que poñía o acento en facer harmonizar a actividade dos negocios cos fins sociais, entre os que non quedaban excluídos os identitarios e os lingüísticos. Neste sentido, Enrique Peinador destacou por ser o pioneiro entre un colectivo de empresarios de éxito que ao longo do século XX
Unha das leccións que recibimos en legado de Enrique Peinador é que para sermos competitivos no acrisolado mundo dos negocios non temos que renunciar á nosa idiosincrasia: a economía galega debe ter acento propio nos mercados da globalidade. Demostrouno el a través do emporio empresarial que ergueu no sector do lecer ligado ao hidrotermalismo, ao que lle subministrou un cuño propio e aínda así —ou talvez por esta razón— logrou conectar con éxito cos complexos hidrotermais máis modernos, célebres e concorridos da Europa da época. Dende esa atalaia privilexiada, pero consciente de que non existían órganos de autogoberno nin institucións políticas propias, Enrique Peinador promove a creación da Asociación para o Fomento do Turismo de Galicia.
____
Editorial: IR INDO 2006
Idioma: Galego