EL CATÓN COMPOSTELANO
ISBN 9788495415127
El Catón Compostelano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz no primeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán.
Libro. Facsímile.
O Consello da Cultura Galega quere celebrar a aparición do xornalismo en Galicia coa reprodución facsimilar do seu primeiro fito: El Catón Compostelano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz no primeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán. Longa e frutífera é a historia do xornalismo en Galicia e aínda escaso o coñecemento que temos dela, a pesar das amplas contribucións de relevantes historiadores da prensa.
Coa reproducción facsimilar de El Catón Compostelano, O Consello da Cultura Galega quere contribuír a facilitar ós investigadores e ó público en xeral o acceso e a consulta desta publicación, da que ata o momento só era coñecida unha colección incompleta na Biblioteca Nacional en Madrid e da que se localizou outra máis ampla, de 21 números en Ourense, propiedade da familia Amor-Vázquez. Grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o primeiro ensaio do xornalismo do país pasará a ser patrimonio de tódolos galegos.
____
Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Castellano