DOCUMENTACIÓN EPIGRÁFICA DO TEÓNIMO DEUS LAR BEROBREUS. EDICIÓN E COMENTARIO LINGÜÍSTICO
Volume inaugural da colección "Tesouro paleogalaico" que presenta o primeiro estudo lingüístico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia de Donón, Cangas, Pontevedra. O traballo consta de tres capítulos: un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, que serve de marco introdutorio á análise lingüística propiamente dita; un comentario lingüístico das epígrafes, de Juan Carlos Búa Carballo, e un catálogo dos altares do Facho con texto total ou parcialmente lexible, do mesmo Juan Carlos Búa en coautoría con Beatriz García Turnes e Isabel Beltrán López.
____
Editorial: Xunta 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 310 a cor
Tamaño: 30x21cm