Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CO ANCEIO DE VOLVER. CONVERSAS CON FLORENCIO DELGADO E CELIA TEIJEIRO

por VV. AA.
€21,00
ISBN 9788417807177

En agosto de 1979 a historiadora e antropóloga catalá Dolors Pla entrevista durante tres días a Florencio Delgado no seu domicilio en Guadalajara (Jalisco). Esta conversación forma parte do labor desenvolvido polo Instituto Nacional de Antropología e Historia (INAH) dentro do proxecto Archivo de la Palabra, creado pola doutora Eugenia Meyer, unha interesante investigación a partir da historia oral centrada no exilio español en México.

A gravación, que presentamos transcrita e traducida ao galego, é un agasallo que a autora nos deixa para documentar un capítulo especialmente relevante da nosa memoria colectiva e da biografía de Florencio Delgado Gurriarán, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas neste ano 2022. Quixemos tamén que Celia Teijeiro, compañeira de Florencio, tivese presenza nesta publicación. Deste xeito trasladamos unha pequena entrevista que Ricardo Gurriarán lle fixera en 1998 en Guadalajara, para compartir os sentimentos de convivencia co seu home.

Temos nas mans unha guía fundamental para afondar no rico e variado periplo do valdeorrés, desde que tivo que fuxir obrigado do seu Córgomo natal en 1936: a súa orixe, o seu ideario, as etapas circunstanciais, o seu pensamento e as súas sensacións vitais nos diferentes escenarios en que viviu, xunto co seu compromiso. E a través da súa biografía achegámonos tamén á Galicia do exilio republicano en México, país onde se desenvolveron iniciativas sobranceiras que mantiveron vivo o facho da nosa identidade e que constitúen un referente obrigado da nosa historia contemporánea.

 


___

Editorial: RAG 2022
Idioma: Galego