Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A SAGA DAS CURANDEIRAS

€21,00
ISBN 9788418966712

A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencilble, que non entendían ou que non querían saber.
Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

Marisa Castro Cerceda
Marisa Castro Cerceda (Lugo, 1955), membro dunha saga de curandeiros, ata os 25 anos foi labradora como os seus pais. Tivo a sorte de pasar pola universidade, e deixou que esta pasase por ela.
É micóloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas cun traballo relacionado cos cogomelos, e durante máis de 30 anos foi profesora na Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu case unha decena de teses doutorais. É socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae, con membros do seu equipo de investigación.
A súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, a de divulgadora científica.
Marisa é ecoloxista, amante da natureza e defensora da liberdade feminina, especialmente na figura da muller rural galega.
É autora de algo máis dunha centena de traballos de investigación e de máis de 25 libros de divulgación científica relacionados con cogomelos e con plantas. «A saga das curandeiras» é a súa primeira novela.

____

Editorial: HERCULES 12-2022
Idioma: Galego