Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIA DE GALICIA.

€26,50
ISBN 9788498656725
A historia representou un papel fundamental na formación da cultura galega, é esencial para entender a sociedade actual. Nova edición revisada e ampliada.

Ramón Villares, un dos historiadores galegos de maior prestixio, debrúzase sobre o noso pasado para procurar nel as principais claves da Galicia de hoxe. Concibido cunha forma de ollar nova, mais complexa e rica, atenta á historia da cultura e arrequentada polos coñecementos que a investigación histórica nos achegou nos últimos vinte anos, este libro engade como novidade unha visión das diferentes épocas desde o outeiro das sete grandes cidades galegas: o Lugo romano; a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores; o Ferrol ilustrado; a Coruña liberal; Ourense, a ciadade da xeración Nós; o Vigo industrial, e mesmo inclúe un capítulo sobre a historia da emigración galega en Buenos Aires.

____

Editorial: Galaxia 2016
Idioma: Galego