Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TOMBO DAS VIÑAS DE RIBADAVIA ESTUDO HISTÓRICO E LINGÜÍSTICO

€10,00
ISBN 9788417802264

O Tombo das viñas de Ribadavia é un rolo de pergamiño procedente do mosteiro de Melón, custodiado no Arquivo da Catedral de Ourense. Foi considerado como un dos primeiros documentos en galego, xa que os estudosos que inicialmente o consignaron e editaron deron en datalo nos anos do reinado (1188-1230) de Afonso IX (o noso VIII). Este traballo conclúe que estamos diante dun pequeno conxunto documental (de aí o nome de tombo co que o titularon), que os textos corresponden a tres épocas distintas, e que o máis antigo é uns vinte anos posterior á data ante quem considerada e está escrito nunha lingua, cando menos, híbrida. Preséntase aquí unha nova edición dos tres textos que contén, de épocas distintas. Dous elaboráronse no propio mosteiro de Melón e o primeiro, correspondente ao recto do pergamiño e o máis antigo, é de procedencia incerta. Ademais do correspondente estudo paleográfico, diplomático, lingüístico e histórico, inclúese un estudo onomástico de nomes persoais e topónimos, un glosario léxico e os índices de persoas e lugares dos tres textos. Engadíronse ademais uns anexos documentais que conteñen textos medievais en latín e galego correspondentes a procesos inquisitivos, isto é, do mesmo carácter diplomático que o texto orixinal do tombo, e unha transcrición do traslado do Tombo das viñas a outro tombo do mosteiro de Melón no ano 1800. Con esta obra quérese amosar como, traballando dun xeito multidisciplinar uns textos sen data e que nunca foran estudados en profundidade, se pode extraer deles unha parte considerable da información que conteñen, bastante distinta á que se lle supoñía e que se revelan como de enorme interese para a historia da lingua e das súas áreas fronteirizas.

A publicación en papel inclúe un CD que contén a edición dos textos, o seu estudo lingüístico, os glosarios de voces común, de apelidos e topónimos e outros anexos ; e que se corresponde coa edición dixital que está dispoñible para a súa descarga.

____

Editorial: Consello da Cultura
Idioma: Galego