Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ESCRITOS POLÍTICOS DA ÉPOCA REPUBLICANA

por Castelao
€16,00
ISBN 9788491517382

Limiar de: xosé M. Núñez Seixas

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un mito e símbolo non só do movemento galeguista e da memoria da Galicia republicana, senón tamén da diáspora galega e da denuncia dos andazos que aflixían o país. Tamén foi un activo militante do nacionalismo galego desde as Irmandades da Fala, parlamentario nas Cortes Constituíntes da II República, líder do Partido Galeguista, deputado pola Fronte Popular en febreiro de 1936, líder comprometido coa defensa da República e da autonomía de Galicia, líder da comunidade galega na Arxentina e do galeguismo exiliado, fundador do Consello de Galiza, ministro no Goberno de José Giral e referente moral e político do galeguismo no desterro ata a súa morte en Bue-nos Aires.

Recóllense neste libro os seu principais escritos políticos durante a época republicana (1933-1939), onde se reflicten todas as súas facetas en defensa da identidade de Galicia e das súas xentes.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego