A José María Massó García,a afección á fotografía vénlle dende o inicio da década dos vinte. na que utiliza cámaras de formato 6 x 9 e 9 x 12 cm, e é cando realiza, sen lugar a dúbidas, as imaxes máis interesantes. Nas imaxes pódese ver a gran preocupación que tiña polo corpo....
Coa instalación en 1816 dunha fábrica de salgadura en Bueu, o industrial catalán Savador Massó Palau inicia a súa actividade empresarial en Galiza. Os seus fillos asócianse no ano 1882 coa firma francesa Dargenton & Domingo e crean, como resultado da achega tecnolóxica destes últimos, a fábrica de conservas herméticas La Perfección. En 1895 rómpese a sociedade e crean Salvador e Gaspar Massó Ferrer a firma Massó Hermanos, que existe ata 1925. En 1929 converten a empresa nunha sociedade anónima da que son socios Salvador Massó Ferrer e os fillos de Gaspar (José María e os seus irmáns Gaspar, Monsetserrat e Antonio Massó García). Como escribe o profesor Joam Carmona, bo coñecedor da nosa historia industrial “En 1930 e 1931 Massó formaba parte, a carón de Antonio Alonso e J. R. Curbera, do grupo de cabeza das empresas conserveiras galegas. Ese ano era unha das 10 maiores empresas de calquera tipo. Tras da guerra, coa apertura da fábrica de Cangas, a máis grande de Europa, convértese na primeira empresa conserveira española. Dende un punto de vista tecnolóxico tamén destacan inscribindo varias patentes de procedementos continuos para o traballo da conserva.” Nas décadas seguintes abriron novas fábricas en Avilés (Asturias) e Barbate (Andalucía). Tanto a fábrica de Bueu como a de Cangas seguen a manter a súa actividade ata que a primeira pecha en 1992 e a segunda en 1996. Os irmáns José María e Gaspar Massó tamén levan adiante actividade como armadores, e participan entre outras iniciativas empresariais pesqueiras na fundación da empresa M.A.R. Na década dos cincuenta montan unha baleeira en Cangas. Posteriormente asócianse coa existente en Caneliñas, fundan Industria Ballenera S.A. e instálanse tamén en Móras, na mariña de Lugo. José María Massó García nace en 1899 en Bueu e durante toda a súa vida estivo vinculado a actividades vencelladas ao mar, tanto pola actividade empresarial da súa empresa familiar, como pola súa vinculación cos deportes ou co estudio de temas relacionados co mar. Froito desta actividade publicou o libro Barcos en Galicia. De la prehistoria hasta hoy del Miño al Finisterre1, tema que sempre o apaixonou, e ende chega a definir o barco como un ser vivo. Tamén realizou un estudio arqueolóxico, xeográfico e histórico de Bueu e da súa comarca seguindo, en opinión de Filgueira Valverde, prologuista do devandito libro, o plan de traballo iniciado anteriormente polo Seminario de Estudos Galegos, plan do que Terra de Melide era o paradigma. Crea o Museo do Mar en Bueu co seu irmán Gaspar, quen fora un dos fundadores do Museo de Pontevedra e se ocupara de estudiar a historia da conserva, publicando Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia (1967). Ademais de dedicarse a estas actividades, José María Massó foi durante un longo período, dende 1932 ata 1971, alcalde de Bueu. A súa afección á fotografía vénlle dende o inicio da década dos vinte, tempo no que realiza gran número de imaxes na súa estancia en África durante a guerra. Trátase de fotografías de formato 4,5 x 6, positivadas por contacto e incluídas, boa parte delas, nun álbum monográfico. Unha vez concluída a guerra vai a Inglaterra durante unha tempada co obxectivo de practicar inglés, e fai tamén algunhas imaxes nesta viaxe. Durante a segunda metade da década dos vinte ten unha intensa actividade fotográfica, na que utiliza cámaras de formato 6 x 9 e 9 x 12 cm, e é cando realiza, sen lugar a dúbidas, as imaxes máis interesantes. En concreto as realizadas nas excursións que fan en grupo ás praias próximas. Algunhas delas chaman hoxe poderosamente a atención e permítennos facernos unha idea de cómo era o lecer das clases economicamente acomodadas daquela. O glamour das imaxes dos parasoles, das casetas de baño, dos grupos de mozas felices e ben vestidas, con roupas que hoxe nos resultan estrañas pero que identificamos rapidamente cos tolos anos vinte, lémbrannos as marabillosas imaxes da Belle Epoque de Jacques-Henri Lartigue. Non podemos deixar de facer unha referencia concreta a algunhas das fotografías, como as das tres mozas posando a bordo dun bergantín cos seus gorros e traxes de baño, que hoxe se converten nun marabilloso símbolo dalgúns aspectos daquela época. Os retratos de grupo, que sempre teñen un gran encanto e son moi ricos dende un punto de vista sociolóxico ou etnográfico, vense reforzados polo encanto de ver o neno cunha cámara fotográfica2, nunha das imaxes enfocando o propio fotógrafo. Nas imaxes pódese ver a gran preocupación que tiña polo corpo. Isto percíbese, por exemplo, nos saltos na area ou nos saltos ao mar do mariñeiro Sesina, que tanto os impresionaban, dende o bergantín El Industrial, e que deron lugar a bonitas imaxes, ou como a imaxe da exhibición ximnástica que realizan subidos nos cabos que suxeitan o mástil do bergantín. Como tamén se percibe na propia estrucutra dos corpos da que na fotografía dos catro mozos en bañador é un preciosos exemplo. Este tipo de imaxes son fundamentalmente masculinas, porque, a pesar do certo liberalismo que traslocen as imaxes, os xogos dos homes eran máis activos e ademais os bañadores femininos non permitían facer a ostentación do corpo que aos homes si lles estaba permitida. Ao mirar estas imaxes non debemos de perder de vista o diferente que era aquela sociedade da de hoxe, aínda nos sectores máis liberais, en canto a costumes, pautas de conducta e prexuízos. Como exemplo anedóctico podemos citar a bronca que recibiron as cinco mozas que posan na area, de forma totalmente inocente, mirando a cámara e na que como fondo se ven os pés en alto3. O ambiente festivo e feliz que caracteriza a todas estas imaxes queda patente na escenificación de xogos, baixo a iniciativa de José María Arnau, que eran fotografados e filmados polo seu irmán Gaspar. Nunha cinta de 16mm -el rodaba con cámaras de diferentes formatos- recolle pequenos episodios cómicos, unidos por frases humorísticas, que corresponden con algunhas das imaxes que se inclúen neste libro. En particular a fotografía na que aparece unha ringleira de homes agachados cunha cara pintada nas nádegas correspóndese cunha gravación na que saen dunha cova da praia agachados e andando cara atrás, e as fotografías nas que están disfrazados usando corozas correspóndense con outras nas que representan a unha tribu antropófoga. Nestas excursións á praia era habitual a presencia do deseñador Federico Ribas, amigo da familia, que figura nalgunhas das fotografías4 e que foi, posibelmente, quen fixera o debuxo da piragua Tutankamen5. O interese polo corpo é unha caracterísitica daquela época, e moitos dos fotógrafos máis anovadores dan boa conta disto, dende os surrealistas ata os que se poden encadrar na Nova Visión, coa particularidade de que ambos ían moito máis lonxe prestándolles unha importante atención aos corpos nus. Chaman a atención algunhas imaxes, das que presetamos as copias 8 x 10 cm que figuran nos álbumes, caracterizados pola busca formal con marcados contrapicados, como os das chemineas, picados como o da fotografía tirada dende o alto do mastro do bergantín, e fragmentacións de obxectos mécanicos, como o faro do seu automóbil, percibíndose nelas un interese por recalcar as composicións xeométricas. En 1929 casa con María de los Ángeles Bolívar, e o seu irmán Gaspar coa súa irmá Amalia -ambas aparecen en moitas das fotografías de grupos femininos realizadas nas excursións ás praias. Isto, xunto co feito de que o seu pai morrera uns meses antes, o que motivou que pasasen el e os seus irmáns a facerse cargo da empresa, levouno a unha nova situación persoal na que non dispuña de tanto tempo libre como nos anos anteriores e na que tería unhas resposablilidades familiares distintas. Así, nos álbumes posteriores as imaxes de xogos xuvenís foron substituídas por outras dos seus fillos similares ás que podemos atopar noutros álbumes e sen o interese fotógráfico e sociolóxico que tiñan as anteriores. Non obstante, seguen existindo algunhas imaxes das súas actividades lúdicas, como as de caza na lagoa de Antela. Durante a viaxe de lúa de mel tira fotografías nas diferentes cidades que visita. Algunhas como as da Torre Eiffel e as dos Cais do Douro, no Porto, están marcadas por composicións formais baseadas en fortes picados, característicos da fotografía experimental da Nova Visión propia daquel momento. Outras pola contra baséanse no frecuente esquema de situar a figura, neste caso a muller nos diferentes monumentos e cidades, baixo o tradicional arco que pecha a imaxe. Non faltan tampouco algunhas escenas de corte costumista, como as dos nenos de 1929 en Bussaco e en Beluso, nas que, como é usual neste tipo de imaxes, aparecen persoas pertencentes a “outros” grupos sociais de vida moi diferente da que reflicten as fotografías antes comentadas. Moitas das súas imaxes pertencen ao mundo da pesca e dos barcos. Nelas podemos atopar dende os maxestuosos bergantíns coas velas portando, ata os sinxelos botes polbeiros coas velas latinas ou místicas, ou os diferentes modelos de embarcacións de pesca que ían construíndo, aos que lles puñan como nome o apelido acompañado do respectivo número. A través dos diferentes barcos fotografados podemos apreciar a súa evolución a medida que vemos como vai diminuíndo o tamaño das súas chemineas e da nube de fume que os acompaña cando están en movemento. A súa vinculación co mar levouno a ser tamén un grande afeccionado á vela, practicándoa e participando activamente na organización de actividades relacionadas con ela. Destas actividades ten abundante número de imaxes testemuñais, que sen embargo non teñen, dende un punto de visto fotógráfico, o interese das seleccionadas. Comentario á parte merece a serie de imaxes, en formato medio coa súa cámara Rollei, que fixo na década dos cincuenta sobre os diferentes aparellos e utensilios de pesca. Son imaxes de ángulo curto nas que illaba os obxectos, o que amosa claramente a visión dun etnógrafo. Trátase de obxectos que naquel momento estaban a punto de desaparecer ou de transformarse. Así, a través destas imaxes compostas moi limpamente quédanos referencia das liñas de corda dos antigos palangres, das cortizas das redes que aínda non foran substituídas polo plástico . Gaspar Massó rodou tamén cintas cun claro interese etnográfico e histórico, como a pesca nos anos trinta, que polas características da roupa e da forma en que se realiza a pesca nos trae á mente as fotografías que José Suárez realizou tamén no Morrazo na década dos trinta. Outras teñen como tema o traballo na fábrica nova de Cangas nos anos corenta, o despezamento da balea, a descarga de pesca na factoría que tiñan en Barbate, a visita dos reis… José María Massó seguíu durante toda a súa vida tomando fotografías, e a pesar da súa idade sigue na década dos setenta realizando gran número de diapositas a cor en formato 6 x 6 cm. FOTOGRAFÍA INDUSTRIAL Dun estilo moi diferente son as fotografías do arquivo de José María Massó relativas á actividade industrial da empresa familiar. Fotografías e fundamentalmente placas, de formato 9 x 12, 13 x 18 e 18 x 24 cm, encargadas a diferentes fotógrafos profesionais para seren usadas na publicidade das conservas. A escolma de imaxes para esta publicación fíxose con base no seu interese fotográfico, sen pretender levar a cabo un estudio exhaustivo dos diferentes procesos industriais, mais deixando aberta esta posibilidade a estudios posteriores centrados xa de forma específica nas características industriais, da maquinaria, e dos produtos fabricados nas diferentes instalacións con que contou a firma Hernanos Massó. Presentamos dúas series de imaxes, unha relativa á fábrica primitiva de Bueu e a outra á fábrica nova construída, tamén en Bueu, no ano 1926. Na primeira delas, ademais da imaxe situada a cabalo dos dous séculos sobre a salga de peixe e outra de transición na que conviven o bocarte salgado e a anchoa enlatada, inclúese un conxunto amplo de imaxes realizadas na década dos vinte, o que nos leva a pensar que foron encargadas para o catálogo que a empresa publicou en 1924 en francés e en español6. Foi esta unha publicación dun extroardinario interese tanto dende o punto de vista histórico, sociolóxico e etnográfico como dende unha perspectiva estética. Cun magnífico deseño realizado por Federico Ribas, nas 44 páxinas de que está formado atopamos dende unha breve historia da empresa ata consellos culinarios, así como un catálogación ilustrada con reproducións a cor das diferentes latas fabricadas. Ademais dos debuxos consta de 25 fotografías sobre o proceso de elaboración das conservas na fábrica vella de Bueu, moitas delas reproducidas neste libro. No arquivo figura tamén unha serie sobre descarga do peixe e as vendedoras de peixe coas patelas, algunhas delas de Pacheco e outras sen asinar polo que no se pode identificar a autoría. No que respecta ás placas tiradas na fábrica vella non se coñece o autor. Son de boa realización técnica e dun grande interese dende un punto de vista fotográfico. Nelas reflíctense diferentes pasos dos procesos de elaboración da conserva, así como os talleres mécanicos e os álmacéns onde se realizaba a embalaxe. Fotografías que nos mostran claramente a diferencia entre os procesos industriais daqueles momentos e os posteriores, motores anteriores aos eléctricos e lugares de traballo cheos de poleas e voluminosas máquinas ás que as fotografías lles prestan importante atención. Dende unha visión actual chama a atención o gran número de persoal, fundamentalmente feminino agás nos talleres, que participan no proceso. As imaxes están claramente preparadas, sen recoller tomas imprevistas ou espontáneas, tanto polos tempos de exposición -nalgunhas aparecen as mulleres movidas-, como porque para ser usadas para publicidade debían estar organizadas correctamente, e percíbese cómo as mulleres malia estaren no seu posto de traballo están vestidas cos seus elegantes mantos, moi distantes da vestimenta de traballo habitual. Hai tamén algunhas fotografías como a dunha moza vestida coidadosamente que posa no peirao cunha patela ou outra na que aparece coa mesma vestimenta rodeada de latas e cunchas de mexillóns, nas que se nota claramente a pose forzada e a sofisticación da imaxes. Outra serie fotografías incluídas é a da fábrica nova de Bueu, que polas súas características pensamos que deberon ser realizadas pouco despois da súa inauguración no ano 1926. No se pode constatar de forma fidedigna a autoría das placas, pero o feito de que haxa un álbum que contén unhas 13 copias de Barreiro , de 25 x 19,5 cm viradas ao sepia, fainos pensar na hipótese de que as placas fosen tiradas por el. Aínda que dúas destas fotos foron copiadas, en dimensións menores, por outros fotógafos, nun caso Pacheco e noutro Sarabia7. Dentro das imaxes da fábrica nova de Bueu, hai algunhas que presentan unha visión global da nave nas que se ve claramente a estrutura metálica que resultaba novidosa en comparación coa da fábrica vella. Existen tamén imaxes de todo o proceso de elaboración das conservas coas novas máquinasnas que estas aparecen claramente presentes. Chama a atención a imaxe na que na parte dereita aparece un display deseñado por Ribas, do que a súa muller foi a modelo, e na que o texto aparece tanto en galego como en castelán o que resulta estraño para aquel momento. Para completar, incluímos un par de fotografías entre as que figuran unha de Ocaña que presenta unha vista global da fábrica que mercaron na década dos trinta (Salgueirón, Cangas), e outras dúas da fábrica nova de Cangas, a que antes faciamos referencia, recén inaugurada. O conxunto de imaxes sobre as conserveiras deste arquivo ten dende un punto de vista documental un valor extraordinario e único, dado que non coñecemos ningunha outra serie de imaxes sobre este tema que se poida comparar con ela, e se se ten en conta a importancia que tiveron as conserveiras dende un punto de vista económico na nosa historia comprenderemos que estamos ante un arquivo de verdadeira importancia patrimonial.

Manuel Sendón
Xosé Luis Suárez Canal
____