Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RAMÓN GODÁS. FOTÓGRAFO E IMPRESOR

€12,00
ISBN

Ramón Godás Justo, Fontao (Astureses, Boborás) o 21 de xuño de 1871 e finado o 23 de agosto de 1952, foi un fotógrafo e impresor galego.

Autodidacta, fabricou a súa primeira cámara el mesmo con dous caixóns encaixados e un obxectivo. Con esta cámara recolleu o que lle chamaba a atención e viaxou a Portugal para facer reportaxes sociais. Casou en 1895 con Luisa Retorta e estableceuse en San Cristovo. En 1908 trasladouse ao Carballiño e montou o seu estudo na Casa do Arfeirán. Fixo as fotos dos asasinatos de Oseira para Vida Gallega en 1909 e tamén fotos de estudo. Posteriormente mercou un terreo e construíu a súa casa na rúa Bugallal con imprenta e estudo fotográfico denominado La Ibérica. Nesta imprenta editáronse os periódicos El Sol e Hermandad. Nos anos trinta fundou a empresa Automóviles Godás, que facía a ruta do Carballiño a Ribadavia, Ourense e Dadín. Tamén foi o operador do primeiro cine do Carballiño, o Pabellón Neira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa ideoloxía esquerdista causoulle problemas, foi perseguido e estivo unha tempada refuxiado en Verín na casa do seu fillo Maximino. Os seus fillos e netos seguiron exercendo como fotógrafos e impresores. Foi soterrado en Señorín.
____

Editorial: Xociviga
Idioma: Galego