Esta obra comprende os retratos realizados por Ramón Caamaño nas localidades da Costa da Morte, entre finais dos anos vinte e finais dos corenta da pasada centuria.
O feito de que popularmente se lles chamase aos fotógrafos retratistas era algo máis que unha metonimia. Non só era o tipo de imaxes que máis realizaban os fotógrafos profesionais, senón que eran ás que lle daban maior importancia e as que cumprían unha función social máis relevante. Esta obra comprende os retratos realizados por Ramón Caamaño nas localidades da Costa da Morte, entre finais dos anos vinte e finais dos corenta da pasada centuria. Aínda que non responden a un proxecto de investigación artístico e malia as súas limitacións técnicas, preséntanse como fragmentos de historias que teñen a súa orixe en determinadas cerimonias sociais, convertendo o paso polo estudio do fotógrafo nunha especie de ritual iniciático, para deixar patente un acontecemento ou posibilitar a ilusión dunha presenza en América que mantivese os nexos familiares.
Idioma: Gallego

____
Editorial: AFUNDACIÓNIdioma: Gallego