Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LUGRÍS, PAREDES SOÑADAS

por Lugris
€55,00
ISBN 9788461794737
Lugrís, paredes soñadas ofrece un estudo pormenorizado do investigador e comisario da exposición, Rubén Ventureira, sobre a faceta de muralista, ata agora apenas documentada, do pintor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 – Vigo, 1973).

Principia o libro cunha análise comparativa entre o mural de Urbano Lugrís Vista de A Coruña 1669,restaurado por ABANCA, e a Panorámica de Baldi (1669, Biblioteca Medicea Laurenziana, Florencia), onde o comisario afonda na orixe desta obra e achega datos históricos novidosos canto ás fontes das que parte o artista e canto ao proceso creativo de execución da obra. Completa o exhaustivo estudo do mural o texto «Protección, traslado y restauración. Vista de A Coruña 1669» elaborado por Arteca, empresa encargada do traslado do mural —desde a súa localización orixinal ao novo espazo asignado na rúa Olmos— e da súa posterior restauración. Un texto técnico que, con linguaxe accesible, explica un traballo especializado, iluminando os recunchos dunha intervención complexa e minuciosa, a prol da protección do patrimonio artístico galego. A continuación, en «Urbano Lugrís a la carta. El decorador de espacios públicos y privados», Rubén Ventureira fai unha completa revisión de todas as obras murais realizadas polo artista, acompañadas de diversa documentación gráfica da época, que enriquece o texto e cobre o importante baleiro existente en torno ao traballo do Lugrís decorador. «Lugrís, paredes soñadas. La exposición», reproduce integramente todas as obras e documentos que compoñen a mostra. O catálogo inclúe un apéndice final coa tradución dos textos ao galego e ao inglés.

____

Editorial: AFUNDACIÓN
Idioma: Castellano